Power-up

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En Super Mario Bros., a estrela daba inmunidade por un curto período de tempo.

Nos videoxogos, un power-up é un obxecto que beneficia ou fornece capacidades adicionais ó personaxe xogador como parte da mecánica de xogo, en contraste con outro tipo de obxectos do xogo que poden ter ou non beneficios ou outros usos determinados. Os power-ups adoitan conseguirse simplemente cando o personaxe os toca, mais tamén poden conseguirse en ocasións mediante a recolección de obxectos relacionados. Algúns exemplos de power-ups coñecidos na cultura popular son as boliñas do Pac-Man[1] (considerado o primeiro power-up da historia dos videoxogos)[2] e o Super Mushroom de Super Mario Bros., que acadou o primeiro posto da lista de UGO Networks' Top 11 Video Game Powerups.[3]

Os power-ups adoitan estar pre-establecidos no mundo de xogo, aparecer de forma aleatoria, poden obterse ó bater determinados inimigos ou conseguirse ó abrir ou destruír contedores. Diferéncianse doutros obxectos dos videoxogos polo feito de que teñen efecto inmediato, teñen deseños que non se axeitan necesariamente ó mundo de xogo (con letras e símbolos que destacan sobre o resto do escenario), e son máis habituais en determinados xéneros de xogos, particularmente nos de acción, shoot 'em ups, first-person shooters e plataformas.

Considérase que o videoxogo Pac-Man foi o primeiro que incluíu unha mecánica de power-ups.[2] O efecto destes ilustrouse nas escenas intermedias do videoxogo, na forma de interludios cómicos nos que Pac-Man e a pantasma Blinky perséguense o un ó outro.[4][5] En 1984 o xogo Sabre Wulf indtroduciu power ups na forma de flores que cando florecían outorgaban efectos como un aumento da velocidade e invincibilidade.[6] Posteriormente en 1985 Super Mario Bros. introduciu o Super Mushroom, que acadou certa popularidade fora do xogo,[7] e foi descrito como o "power-up por excelencia".[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pac-Man Power Pellet - The Top 11 Video Game Powerups - UGO.com". Web.archive.org. 29 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 28 de maio de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Playing With Power: Great Ideas That Have Changed Gaming Forever from". 1UP.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2006. Consultado o 24 de maio de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Super Mario Bros. Super Mushroom- The Top 11 Video Game Powerups | UGO.com". Web.archive.org. 28 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2008. Consultado o 28 de maio de 2016. 
  4. "Five Things We Learned From Pac-Man - Joystick Division - Videogame news, features and reviews". Joystick Division. 25 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2016. Consultado o 24 de maio de 2016. 
  5. By Zergnet. "Gaming's most important evolutions | GamesRadar". Gamesradar.com. Consultado o 24 de maio de 2016. 
  6. "Cry of the Wulf" (6). Your Spectrum. 1984. Consultado o 14 de xuño de 2016. 
  7. Li, C.; Oberlies, N. H. (December 2005). "The most widely recognized mushroom: chemistry of the genus Amanita". Life Sciences 78 (5): 532–38. PMID 16203016. doi:10.1016/j.lfs.2005.09.003. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]