Sabre Wulf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sabre Wulf é un videoxogo desenvolvido para ZX Spectrum por Ultimate Play The Game en 1984, foi o primeiro da serie Sabreman, programado por Tim Stamper e Chris Stamper, fixéronse versións para Commodore 64, BBC Micro, Amstrad CPC, no ano 2004 fíxose unha versión actualizada para Game Boy Advance.

Sabre Wulf foi o videoxogo que converteu a Ultimate nunha compañía coñecida. Sabreman atopa unha antiga lenda escrita nunha lousa e resólvese a atopar o amuleto do que fala a lenda, para iso terá que dirixirse á selva, coa axuda do seu machado terá que ter coidado cos animais que habitan a selva. As orquídeas tanto nos poden axudar como pornos en perigo. Unha vez recollidas as catro partes do talismán deberemos ir ata a cova do feiticeiro e desvelar o seu segredo. O videoxogo ten 256 pantallas.