Saltar ao contido

Porto deportivo de Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porto de Ribadeo.

O porto deportivo de Ribadeo, coñecido historicamente como porto de Porcillán, é un porto deportivo da vila de Ribadeo, na Mariña lucense. Atópase localizado en Porcillán, no interior da ría de Ribadeo, na cara sur da ponte dos Santos da autovía A-8. É un dos dous portos deportivos con Bandeira Azul que existen na provincia de Lugo.[1]

Porto deportivo de Ribadeo, dende a Ponte dos Santos
Porto deportivo de Ribadeo, dende a Ponte dos Santos

Se ben Porcillán foi o tradicional porto de Ribadeo, coa construción do Porto de Mirasol para adicalo a actividades comerciais, o peirao quedou adicado á pesca. Despois, coa creación do porto deportivo e as súas sucesivas ampliacións, a actividade pesqueira tamén foi trasladada a outra zona, o porto pesqueiro, quedando Porcillán só adicado a actividades deportivas e como atraque das lanchas que atravesan a ría con pasaxeiros.

Peirao de Porcillán Víctor Moro Rodríguez sobre a ría de Ribadeo
Peirao de Porcillán Víctor Moro Rodríguez sobre a ría de Ribadeo

Ten 622 amarres e pertence ao ente público Portos de Galicia.[2] Está xestionado polo Real Club Náutico de Ribadeo, fundado en 1974 e que ten a súa sede xunto ao porto.

Inscrición no peirao.
Inscrición no peirao.

A canle de acceso ós portos de Ribadeo necesita ser dragado periodicamente. en 2019 presupostanse medio millón de euros para facer o dragado, coa retirada duns 43 000 m3 de area cara a Mirasol e uns 4 300 na dársena do porto deportivo.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]