João Gonçalves Zarco
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1390 Reino de Portugal |
| Morte | 1471 (Gregoriano) Funchal |
| Actividade | |
| Ocupación | explorador |
| Familia | |
| Cónxuxe | Constança Rodrigues |
| Fillos | Rui Gonçalves da Câmara |

João Gonçalves Zarco, nado en Tomar ou Leça da Palmeira en 1394 e finado en Funchal o 21 de novembro de 1471[1], foi un navegante, explorador e fidalgo portugués da Casa de Henrique, duque de Viseu.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comandante de carabelas, descubriu a illa de Porto Santo en 1418 xunto con Tristão Vaz Teixeira e despois a illa de Madeira con Bartolomeu Perestrelo en 1419. Foi o primeiro Capitán Donatário de Funchal ata a súa morte. En 1437 participa na tentativa fallada de conquistar Tánxer, onde foi armado cabaleiro. A 4 de xullo de 1460, por concesión de Afonso V, Zarco pasou a ostentar o apelido Cámara, derivado de Câmara de Lobos, designación atribuída polo navegador a un lugar da Illa de Madeira onde descubriu gran cantidade destes animais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tombo 1º do registo geral da Câmara Municipal do Funchal
