Porto, As Maus, Vilar de Barrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Porto
ParroquiaAs Maus
ConcelloVilar de Barrio
Poboación83 hab. (2018)
Alemparte vista dende Porto. A Serra de San Mamede ao fondo da imaxe.

Porto é un lugar da parroquia das Maus, no concello ourensán de Vilar de Barrio. Tiña 83 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 43 eran homes e 40 eran mulleres.

Está situado preto da Serra de San Mamede, na cal nace o río Arnoia, que separa Porto e Alemparte.

Clima[editar | editar a fonte]

Porto posúe un clima suave pasando a frío. Podería cualificarse coma clima de montaña durante o inverno e coma clima de interior ou mediterráneo suave durante o verán. A serra que rodea a aldea pode estar nevada nos meses de inverno, o cal sumado a estaren preto do río pode facer que a sensación térmica sexa máis intensa ca o marcado nos termómetros. No verán, en cambio, é habitual chegar a temperaturas moi elevadas.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na aldea hai unha pequena capela de finais do século XVIII. Pódense ver diversos hórreos e muíños por toda a zona; aínda que a meirande parte están en desuso. Ademais no monte do Castro de Porto encóntranse uns restos que mesmo poderían ser dun poboado castrexo, o cal está sen confirmar.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo o catastro de Ensenada, de 1753, o couto de Alemparte formaba parte da xurisdición do conde de Maceda, mentres que os lugares de Porto e Parada da do Conde de Monterrei.

Festividades[editar | editar a fonte]

Porto e Alemparte celebran a festa na honra de santo Antón a mediados do mes de xaneiro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares das Maus[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia das Maus no concello de Vilar de Barrio (Ourense)

Alemparte | Barrán | As Maus | Parada | Porto | San Pedro

Parroquias de Vilar de Barrio[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Barrio

A Alberguería (Santa María) | Arnuíde (Santa María) | Bóveda (Santa María) | As Maus (San Pedro) | Padreda (San Miguel) | Prado (Santa Cruz) | Rebordechau (Santa María) | Seiró (San Salvador) | Vilar de Barrio (San Pedro Fiz)