Portal:Vigo/Biografía destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega, desde a poesía nos anos 70, até o movemento bravú, do que se considera precursor.

Tras estudar o Bacharelato no coñecido instituto Labor, na cidade de Vigo, un colexio disciplinado e masculino, ao estilo da época, Reixa realizou a carreira de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago e entrou en contacto coas vangardas literarias. En 1976 fundou, xunto con Alberto Avendaño e Manuel M. Romón o Grupo Rompente.

Froito desta etapa literaria, Reixa publicou a finais dos setenta varias obras de poesía, como o libro colectivo Silabario da turbina e As ladillas do travesti. Chegou a ser profesor de lingua e literatura galegas pero pronto abandonou a docencia para embarcar na música.

Foi o cantante do grupo Os Resentidos, creado en 1982.