Portal:Romanía/Cidade destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Constancia (en romanés: Constanța, pronunciado /kon'stan.ʦa/), é unha cidade de Romanía, a máis grande do condado homónimo e a capital do distrito homónimo. Antigamente chamada Kustendje ou Tomis, acolle o porto máis grande do país, no mar Negro. É a cidade máis grande de Dobruja e a capital do distrito de Constancia.

Constancia é unha das cidades máis antigas de Romanía. A cidade foi conquistada polos romanos no 71 a. C. e rebautizada como Flavia Iulia Constantia en honor á irmá do emperador Constantino o Grande. Durante o século XIII, o Gran Mar (como se chamaba entón ao mar Negro) estaba dominado por comerciantes italianos de Xénova, que axudou ao desenvolvemento da cidade. Posteriormente sufriu un declive baixo o dominio otomán, converténdose nunha simple vila habitada por pescadores gregos e criadores de cabalos e ovellas tártaros. Constancia volveu ser unha cidade logo da construción do ferrocarril Cernavoda-Constancia e o porto, en 1865. Logo da Guerra da Independencia ( 1877 - 1878 ), cando Dobrogea pasou a formar parte de Romanía, Constancia, o principal porto do estado, creceu continuamente, ocupando este papel ata hoje.