Portal:Romanía/Cidade destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as cidades destacadas no portal da Romanía:

1[editar a fonte]

Bucarest (en romanésBucurești[bukuˈreʃtʲ] (AFI)) é a capital e centro industrial e comercial de Romanía. Está localizada no sueste do pais, ás beiras do Río Dâmbovița.

Segundo o censo oficial a 1 de xaneiro do ano 2010, Bucarest tiña unha poboación de 1 944 367 habitantes, 2.3 millóns na área metropolitana.

Para os parámetros europeos, Bucarest non é unha cidade antiga, a primeira referencia que se ten dela é do ano 1459. Dende esa data Bucarest pasou por moitos cambios, facéndose capital do pais no ano 1862 converténdose no centro da cultura e as artes. A súa ecléctica arquitectura é unha mestura da historia, da época comunista e da modernidade. No período entre as dúas guerras mundiais, a arquitectura da cidade valeulle o sobrenome do "París do leste" ou "Pequeno París" (Micul Paris). Parte dos monumentos e igrexas foron destruída polas guerras, tremores de terra, incendios e no decurso da campaña de "urbanismo" emprendida por Nicolae Ceaușescu no século pasado. En anos recentes, a cidade volveu vivir un renacemento da súa cultura e economía.


2[editar a fonte]

Constancia (en romanés: Constanța, pronunciado /kon'stan.ʦa/), é unha cidade de Romanía, a máis grande do condado homónimo e a capital do distrito homónimo. Antigamente chamada Kustendje ou Tomis, acolle o porto máis grande do país, no mar Negro. É a cidade máis grande de Dobruja e a capital do distrito de Constancia.

Constancia é unha das cidades máis antigas de Romanía. A cidade foi conquistada polos romanos no 71 a. C. e rebautizada como Flavia Iulia Constantia en honor á irmá do emperador Constantino o Grande. Durante o século XIII, o Gran Mar (como se chamaba entón ao mar Negro) estaba dominado por comerciantes italianos de Xénova, que axudou ao desenvolvemento da cidade. Posteriormente sufriu un declive baixo o dominio otomán, converténdose nunha simple vila habitada por pescadores gregos e criadores de cabalos e ovellas tártaros. Constancia volveu ser unha cidade logo da construción do ferrocarril Cernavoda-Constancia e o porto, en 1865. Logo da Guerra da Independencia ( 1877 - 1878 ), cando Dobrogea pasou a formar parte de Romanía, Constancia, o principal porto do estado, creceu continuamente, ocupando este papel ata hoje.


3[editar a fonte]

Portal:Romanía/Cidade destacada/3

4[editar a fonte]

Portal:Romanía/Cidade destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Romanía/Cidade destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Romanía/Cidade destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Romanía/Cidade destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Romanía/Cidade destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Romanía/Cidade destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Romanía/Cidade destacada/10