Portal:Pontevedra/Lugar de interese/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal Pontevedra:

1[editar a fonte]

A Basílica de Santa María a Maior é unha das igrexas parroquiais de Pontevedra. Foi consagrada como basílica o 10 de xaneiro de 1962 por Xoán XXIII.

Este templo substitúe outro anterior. A parroquia de Santa María a Maior é a igrexa matriz de Pontevedra, aparecendo documentada xa antes da concesión do foro de vila en 1169. Daquel templo consérvanse o San Pedro da contraportada occidental e o pantocrátor da clave dunha capela da nave do evanxeo.

A súa construción comezou na segunda década do século XVI, dirixindo as obras o mestre Juan de Cuetos. A fachada, contratada en 1541 a Cornelis de Holanda e Xoán Nobre, comezou a construírse en 1544. Dado que boa parte do financiamento proviña do Gremio de Mareantes, en 1551 paralizáronse as obras debido á escaseza de sardiña. En 1559 pecháronse as bóvedas, e en 1570 pechouse o coro. A torre das campás aínda tardaría bastante en ser rematada. O retablo, rematado en 1623, foi derrubado e substituído a comezos do século XX.

2[editar a fonte]

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra, e abriu ó público o 10 de agosto de 1929.

Na actualidade o museo ocupa cinco edificios históricos máis un sexto edificio moderno que se comezou a construír en 2004 e que foi inaugurado en 2012. Os cinco edificios históricos son o Pazo do Castro Monteagudo, o Pazo García Flórez, o Edificio Fernán López, as Ruínas de San Domingos, e o Edificio Sarmiento. O museo conta tamén cunha biblioteca de consulta e realiza publicacións científicas periódicas.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

3[editar a fonte]

Portal:Pontevedra/Lugar de interese/3

4[editar a fonte]

Portal:Pontevedra/Lugar de interese/4

5[editar a fonte]

Portal:Pontevedra/Lugar de interese/5

6[editar a fonte]

Portal:Pontevedra/Lugar de interese/6

7[editar a fonte]

Portal:Pontevedra/Lugar de interese/7

8[editar a fonte]

Portal:Pontevedra/Lugar de interese/8

9[editar a fonte]

Portal:Pontevedra/Lugar de interese/9

10[editar a fonte]

Portal:Pontevedra/Lugar de interese/10