Portal:Pobos indíxenas de América/Biografía destacada/6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eagle Woman That All Look At (en lakota: Waŋblí Ayútepiwiŋ, tamén coñecida como Matilda Picotte Galpin) nada no ano 1820 e finada o 18 de decembro de 1888, foi unha activista, líder, diplomática, comerciante e tradutora lakota, principalmente coñecida polos seus esforzos de mediación nos conflitos entre os colonos brancos, o goberno dos Estados Unidos de América e os síux. Foi recoñecida tamén como a única muller xefa entre os síux.