Portal:Perú/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un caballito de totora é un tipo de embarcación construída dende mil a tres mil anos a. C. con talos e follas de totora (Scirpus californicus). Está deseñado para transportar a un navegante cos seus aparellos, durante as faenas de pesca mariña no Perú e lacustre en Bolivia e o Perú.

O extremo anterior (proa) é aguzado e curvado cara arriba, sendo o posterior máis ancho. Conta normalmente cun longo de 4,5 a 5 metros; e un ancho de 0,6 a 1 m; o seu peso varía entre 47 e 50 kg e pode soportar 200 kg de carga útil.

Dende hai tres mil anos non variou o seu deseño. Xa o utilizaban na cultura moche, contra o ano 200, e aínda é usado por bolivianos e peruanos.