Portal:Lombardía/Cidade destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Milán (en italianoMilano[miˈlaːno] (AFI)It-Milano.ogg escoitar; en lombardoMilàn[miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1.324.110 habitantes (2010), Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, foi conquistada polos romanos en torno ao ano 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. Foi saqueada polos hunos no ano 450, e logo da caída do Imperio Romano foi ocupada polos ostrogodos, logo por bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arcebispos a partir do século VIII.

Entre os maiores atractivos da cidade destacan a Catedral de Milán (Duomo di Milano), a Galería Víctor Manuel II (Galleria Vittorio Emanuele II), o Teatro da Scala (Teatro alla Scala), o Castelo Sforzesco (Castello Sforzesco), a Basílica de San Ambrosio (Basílica de Sant'Ambrogio), ou Santa María da Gracia (Santa Maria delle Grazie). Acollendo esta última no seu interior o mural A Última Cea de Leonardo da Vinci.