Portal:Israel/Artigo destacado/4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Declaración Balfour, redactada o 2 de novembro de 1917, foi unha manifestación formal e pública do goberno británico durante a primeira guerra mundial, para anunciar o seu apoio ao establecemento dun «fogar nacional» para o pobo xudeu na rexión de Palestina, que nese momento formaba parte do Imperio otomán. A declaración foi incluída nunha carta asinada polo ministro de Relacións Exteriores británico (Foreign Office) Arthur James Balfour dirixida ao barón Lionel Walter Rothschild, un líder da comunidade xudía en Gran Bretaña, para a súa transmisión á Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda. O texto foi publicado na prensa o 9 de novembro de 1917.

Durante o período das discusións do Gabinete de Guerra británico, que conduciu á declaración, a guerra máis ampla chegara a un período de estancamento. As tropas estadounidenses aínda non estaban despregadas e os rusos estaban distraídos pola axitación interna...