Arthur Balfour
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Arthur Balfour, nado en Whittingehame (Escocia) o 25 de xullo de 1848 e finado en Surrey o 19 de marzo de 1930, foi un político e estadista británico que se converteu no trixésimo terceiro primeiro ministro dese país.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Educado como filósofo, Balfour entrou por primeira vez na Cámara dos Comúns na elección de 1874. Visto a primeira vista algo así como un diletante (é dicir, que practica unha ciencia ou unha arte sen ter capacidade nin coñecementos suficientes), conseguiu relevancia como Secretario de Irlanda de 1887 a 1891. Neste posto, foi autor do Acta de Crimes Perpetuos (1887), ou Acta de Coerción, que aspiraba a previr o boicoteo, intimidación e reunión ilegal en Irlanda durante a Guerra da Terra.
Balfour sucedeu ao seu tío, Lord Salisbury, como líder dos tories e Primeiro Ministro en xullo de 1902 (era o líder dos conservadores na cámara baixa desde 1891). Como primeiro ministro, sucederon eventos como a Entente Cordiale, pero o seu partido dividiuse pola reforma das tarifas e en decembro de 1905 cedeu o poder aos liberais. Continuou como líder da oposición durante a crise do Acta Parlamentaria e o Orzamento Popular do goberno de Lloyd George, pero ao fallar en conseguir a vitoria nas dúas eleccións habidas en 1910 terminou renunciando como líder en novembro de 1911.
Regresou ao Goberno como Primeiro Lord do Almirantado na coalición gobernamental de 1915, sendo despois Ministro de Asuntos Exteriores de 1916 a 1919. Neste posto foi coñecido internacionalmente por dar o seu nome á Declaración Balfour a través da cal o Goberno británico apoiou en 1917 as aspiracións sionistas de creación dun «fogar nacional» xudeu en Palestina.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arthur Balfour |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |