Portal:Irlanda/Biografía destacada/6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thomas Andrews Jr., nado o 7 de febreiro de 1873 en Comber, no condado de Down, finado o 15 de abril de 1912, foi un deseñador e construtor de barcos irlandés-británico.

Foi o director e xefe do departamento de construción de barcos da compañía Harland and Wolff en Belfast, Irlanda do Norte. Andrews foi o encargado do plan e da construción do famoso transatlántico RMS Titanic, ademais dos seus dous irmáns, propiedade da compañía White Star Line: o RMS Olympic e o HMHS Britannic. Viaxaba a bordo do Titanic durante a viaxe inaugural cando chocou contra un iceberg o 14 de abril e foi unha das 1 517 persoas que perderon a vida no naufraxio. Foi visto por última vez mirando a pintura no cuarto de fumar de primeira clase, sen facer ningún intento para salvarse a si mesmo.