Portal:India/Cidade destacada/2
Bombai (en hindi: बंबई; en marathi: मुम़बई, "Mumbaī") é a capital do estado Indio de Maharashtra e está localizada nunha illa unida a costa oeste da India. Con 12.478.447 habitantes (2011), Bombai é a cidade máis poboada da India.
A rexión de Bombai estivo habitada dende o primeiro milenio antes de Cristo polos kolis, pobo drávida de pescadores, e os aagris, recolectores de sal. Os primeiros veneraban a Mumbadevi, encarnación local da deusa nai hindú. Construíuse de contado un templo, o Babulnath, dedicado ao seu culto preto da praia de Chowpatty, na punta occidental da baía. Pero o verdadeiro comezo urbano de Bombai sitúase cara ao 1300, no que o raxá Bhimdev da dinastía Silhara traslada a súa corte, pola presión musulmana precisamente, de Mahim no norte, a illa dese nome, onde funda unha cidade ben fortificada, Mahikavati. No século XVI, os portugueses denominaron esta zona Bombaim, nome que sería adaptado polos ingleses como Bombay. En 1995 estableceuse como denominación oficial a forma no idioma local, Mumbai, aínda que Bombai continúa a ser popular no estranxeiro. O nome de Mumbai é, aparentemente, un epónimo derivado da deusa hindú local Munbadevi e de Aai, que significa "nai" en maratí, aínda que esta etimoloxía é discutida.
Bombai é o maior porto da parte ocidental da India e conta cun porto natural de gran calado. Ademais a cidade é a capital comercial da India e alberga institucións financeiras importantes, tales como o Banco da Reserva da Índia, a Bolsa de Bombai e as sedes de numerosas empresas indias. Ademais na cidade localízase Bollywood, o epicentro da industria cinematográfica e televisiva india e o maior produtor mundial de películas. Este nome está formado a partir do Hollywood dos Ánxeles (California, Estados Unidos).