Portal:India/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Taj Mahal (en hindi ताज महल, persa تاج محل), situado en Agra, na beira do río Yamuna, no Estado de Uttar Pradesh, India, é un suntuoso mausoleo de mármore branco construído entre 1632 e 1652 polo emperador mogol Shâh Jahân, en memoria da súa esposa Arjumand Bânu Begam, máis coñecida polo nome de Mumtāz Mahal (que en persa significa «a xoia do palacio»), que falecera o 17 de xuño de 1631, ao dar a luz o seu décimo cuarto fillo, en tanto acompañaba ao seu home en campaña. Tivo unha sepultura inicial no xardín Zainabad en Burhampur.

Así, o Taj Mahal é tamén considerado como unha gran proba de amor, contendo inscricións retiradas do Corán. Ten incrustadas pedras semi-preciosas, tales como o lapislázuli entre outras. A súa cúpula ten fíos de ouro. O edificio está flanqueado por dúas mesquitas e cercado por catro minaretes.

Suponse que o emperador pretendía facer para el unha réplica do Taj Mahal orixinal na outra marxe do río, en mármore negro, pero acabou deposto por un dos seus fillos antes do suposto comezo de tal obra.

O 7 de xullo de 2007 foi nomeada en Lisboa unha das sete marabillas do mundo moderno.