Portal:Historia/Efemérides destacadas/30 de marzo
- 1282, o pobo de Sicilia rebélase contra o rei Carlos I, nas coñecidas como vésperas sicilianas.
- 1806, Xosé Bonaparte é nomeado rei de Nápoles.
- 1856, asínase o Tratado de París entre Rusia e a alianza formada polo Segundo Imperio Francés, o Imperio Británico, o Imperio Otomán e o Reino de Sardeña, poñendo fin á guerra de Crimea.
- 1867, Estados Unidos merca Alasca a Rusia por 7,2 millóns de dólares.
- 1912, o sultán Abd al-Hafid asina o Tratado de Fez, que converte a Marrocos nun protectorado francés.
- 1945, o exército soviético invade Austria e captura Viena; os exércitos polaco e soviético liberan Gdansk.
- 1970, morre Heinrich Brüning, chanceler de Alemaña.
- 1981, o presidente estadounidense Ronald Reagan recibe en Washington un disparo no peito, nunha tentativa de asasinato levada a cabo por John Hinckley, Jr..