Portal:Historia/Efemérides destacadas/20 de marzo
- 235, Maximino Tracio é proclamado emperador, converténdose no primeiro estranxeiro en ocupar o trono romano.
- 1413, morre Henrique IV, rei de Inglaterra.
- 1602, establécese a Compañía Holandesa das Indias Orientais.
- 1616, o rei Xacobe I libera a sir Walter Raleigh da Torre de Londres tras 13 anos de encerro.
- 1811, nace Napoleón II, fillo de Napoleón Bonaparte, que obstentou os cargos de emperador de Francia e rei de Roma.
- 1815, regresa o emperador francés Napoleón Bonaparte a París dende a illa de Elba para comezar o seu segundo mandato.
- 1848, abdica o rei Lois I, quen gobernara Baviera dende 1825 ata ese ano.
- 1956, Tunisia independízase de Francia.
- 2003, Estados Unidos, Reino Unido, Australia e Polonia comezan a Invasión de Iraq.