Portal:Historia/Efemérides destacadas/1 de abril
- 286, o emperador romano Diocleciano ascende ao seu xeneral Maximiano a co-emperador e dalle o control sobre as rexións occidentais do Imperio Romano.
- 457, Maioriano é proclamado emperador polo exército romano.
- 1204, morre Leonor de Aquitania, duquesa de Aquitania e Güiena.
- 1815, nace Otto von Bismarck, chanceler alemán.
- 1846, iníciase en Lugo a Revolución Progresista Galega co pronunciamento de Solís.
- 1901, nace Francisco Ascaso, militante anarcosindicalista aragonés da CNT.
- 1939, Francisco Franco anuncia o fin da guerra civil española cando se rende o último soldado republicano, comezando a ditadura franquista.
- 1945, comeza a Batalla de Okinawa, que enfronta ao Imperio do Xapón contra Estados Unidos e Reino Unido.
- 1979, Irán convértese nunha República Islámica.
- 2009, Croacia e Albania únense á ONU.