Portal:Historia/Efemérides destacadas/13 de abril
- 1111, Henrique V é coroado emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- 1204, Constantinopla cae nas mans dos cruzados da cuarta Cruzada, rematando temporalmente co Imperio Bizantino.
- 1570, nace Guy Fawkes, conspirador inglés que serviu ao exército español nos Países Baixos.
- 1605, morre Boris Godunov, tsar de Rusia.
- 1743, nace Thomas Jefferson, presidente dos Estados Unidos.
- 1849, Hungría convértese nunha república.
- 1918, morre Lavr Kornilov, xeneral ruso que tentou un golpe de Estado contra Aleksandr Kerenskii, que dirixía un goberno provisional trala Revolución de Febreiro.
- 1919, establécese o Goberno provisional da República de Corea.
- 1941, Xapón e a URSS asinan o Pacto de Neutralidade soviético-xaponés.