Portal:Hóckey sobre xeo/Personalidade destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Noora Helena Räty, ou simplemente Noora Räty, nada o 29 de maio de 1989 en Espoo (Finlandia), é unha porteira finlandesa de hóckey sobre xeo. Na tempada 2021-22 asinou co HPK de Hämeenlinna da Naisten Liiga finlandesa, con todo, antes de comezar a segunda fase da competición asinou co KRS Vanke Rays da liga rusa.

En 2014 Räty converteuse na segunda muller en xogar un partido na segunda categoría do hóckey sobre xeo masculino de Finlandia, a Mestis, logo do debut de Hayley Wickenheiser en 2003, deste xeito Räty converteuse na primeira muller finlandesa e a primeira porteira en xogar na Mestis.

A nivel internacional, Noora Räty conseguiu unha medalla de prata e catro de bronce coa selección finlandesa nos campionatos do mundo, así como dous bronces olímpicos.