Shenzhen KRS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «KRS Vanke Rays»)
KRS Vanke Rays
Fundación2017
CidadeShenzhen
Guangdong
República Popular da China China
EstadioShenzhen Dayun Arena[1]
(18.000 espectadores)
LigaCanadian Women's Hockey League (2017-2019)
Zhenskaya Hockey League (2019-)
Adestrador Digit Murphy[2]
Finlandia Saara Niemi[2]
CoresVermello, ouro, negro
                 
Na rede
Twitter: KRSVankeRays Editar o valor em Wikidata

O KRS Vanke Rays é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Shenzhen, na provincia de Guangdong (China). Inicialmente foi coñecido como Kunlun Red Star WIH (en chinés simplificado 深圳昆仑鸿星 ou 昆仑鸿星, chinés tradicional 深圳崑崙鴻星 ou 崑崙鴻星, pinyin Shēnzhèn Kūnlún Hóngxīng ou Kūnlún Hóngxīng, romanización Yale para o cantonés Sāmzan Kwānlèuhn Hùhngsīng ou Kwānlèuhn Hùhngsīng), mudando o seu nome logo de fusionarse co outro equipo chinés da liga, o Vanke Rays no verán de 2018. O equipo competiu dende a súa fundación en 2017 e ata 2019 na Canadian Women's Hockey League (CWHL), e dende 2019 na Zhenskaya Hockey League rusa. Está operado polo Kunlun Red Star, un equipo masculino da cidade de Pequín fundado en 2016 e que compite na Kontinental Hockey League (KHL). O KRS Vanke Rays xoga os seus partidos como local no Shenzhen Dayun Arena de Shenzhen, un pavillón con capacidade para 18 000 espectadores, se ben para a tempada 2021-22 trasladouse ao Mytishchi Arena de Mytishchi (Rusia) por mor da pandemia de COVID-19.[3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

O club constituíuse o 5 de xuño de 2017 nun esforzo por mellorar a selección chinesa de hóckey sobre xeo.[5] O equipo fichou a dúas xogadoras antes do anuncio oficial do equipo: a porteira finlandesa Noora Räty e a dianteira estadounidense Kelli Stack.[6] Red Star anunciou que Digit Murphy, anterior adestradora xefa das Boston Blades, sería a adestradora,[7] mentres que Rob Morgan, de Yale, sería o adestrador xefe asociado.[8]

Na súa primeira elección no draft da CWHL de 2017, o Kunlun Red Star seleccionou á finlandesa Noora Räty.[9] Na segunda rolda seleccionou á estadounidense Alexandra Carpenter,[10] mentres que na terceira rolda a franquía chinesa seleccionou á All-Star da NWHL Shiann Darkangelo.[11]

Na súa primeira tempada conseguiu clasificarse para os play-offs logo de finalizar na segunda posición da liga regular por detrás de Les Canadiennes de Montreal cun total de 43 puntos (catro puntos menos que as canadenses.[12] Logo de derrotar por 2-1 nas semifinais a Calgary Inferno, disputando un terceiro encontro no que se terían que xogar tres prórrogas e que se convertería no partido máis longo da historia dos play-offs pola Clarkson Cup,[13] as xogadoras do Kunlun Red Star conseguiron chegar á final da Clarkson Cup en Toronto fronte a Markham Thunder de Markham (Ontario, Canadá).[14] Na final, disputada no Ricoh Coliseum de Toronto o 25 de marzo de 2018,[15] as canadenses conseguiron alzarse co título logo de derrotar na prórroga ás chinesas por 2 goles a 1.[16]

O 3 de agosto de 2018, a CWHL anunciaba so seu sitio web que daquela Kunlun Red Star mudaría de denominación na tempada 2018–19. O novo nome da franquía pasaría a ser Shenzhen KRS Vanke Rays, como resultado da fusión do Kunlun Red Star co outro equipo da cidade de Shenzhen que competía na CWHL, o Vanke Rays,[17] que finalizaran na quinta posición da liga regular na tempada precedente, non clasificándose para os play-offs.[18] A fusión levouse a cabo logo dun duro período de seis meses de viaxes a Norteamérica, unha viaxe de 15 horas cun desfase horario de 12 horas. O ex-adestrador de Vanke Rays Rob Morgan foi designado director xeral da franquía. Anunciouse tamén que o Kunlun Red Star permanecería como equipo separado integrado por xogadoras chinesas e adestrado por un corpo técnico chinés como parte da preparación para o equipo nacional chinés de cara ao Camponato do Mundo de 2019 e os Xogos Olímpicos de Inverno de 2022 que se celebrarán en Pequín, sendo o propio Morgan o director deportivo. O KRS Vanke Rays anunciou a incorporación da ex-porteira de Princeton Kimberly Newell e da ex xogadora de UConn Huskies Leah Lum, así como a renovación de varias xogadoras como a porteira do ano 2018 Noora Räty. O troco de denominación estivo acompañado tamén da mudanza no banco, asinando Bob Deraney como adestrador xefe.[17]

Xogadoras[editar | editar a fonte]

O Kunlun Red Star na súa primeira tempada estivo integrado polas seguintes xogadoras:[19][a]

Kunlun Red Star
# Nac. Nome Pos. Idade Nacemento
2 República Popular da China Baiwei Yu D (35 anos) Harbin
6 Melanie Jue D (36 anos) Richmond, BC
8 República Popular da China Lixue Xing A (24 anos) Harbin
9 Alexandra Carpenter A (30 anos) Cambridge, MA
11 Taylor Marchin A (30 anos) Algonac, MI
12 Stephanie Anderson D (31 anos) North St. Paul, MN
13 República Popular da China Siye He P (25 anos) Harbin
15 Madison Woo A (29 anos) Plymouth, MN
16 Kelli Stack A (36 anos) Cleveland, OH
18 República Popular da China Liying Yang A (26 anos) Harbin
19 República Popular da China Hongxin Yan D (25 anos) Qiqihar
21 República Popular da China Wenzhuo Wang A (25 anos) Qiqihar
27 Shiann Darkangelo A (30 anos) Brighton, MI
29 República Popular da China Bo Wang D (25 anos) Harbin
30 República Popular da China Yuqing Wang P (29 anos) Harbin
41 Finlandia Noora Räty P (34 anos) Espoo
44 Zoe Hickel A (32 anos) Anchorage, AK
49 Jessica Wong D (33 anos) Baddeck, NS
91 Rachel Llanes A (32 anos) San José, CA
93 República Popular da China Zhixin Liu D (31 anos) Qiqihar
94 República Popular da China Lu Wen D (30 anos) Harbin
98 República Popular da China Rui Zhu A (26 anos) Harbin

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As posicións están divididas en atacantes (A), defensoras (D) e porteiras (P).
Referencias
  1. "Shenzhen submits bid for 2011 Universiade". China Daily (en inglés). 30 de xuño de 2006. Consultado o 4 de maio de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "COACHES" (en inglés). Kunlun Red Star. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2018. Consultado o 4 de maio de 2018. 
  3. "Where we play" (en inglés). Kunlun Red Star. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  4. "КРС Ванке Рэйз" (en ruso). ZhHL. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  5. Price, Satchel (5 June 2017). "Canadian Women’s Hockey League expanding to China next season". SBNation.com. 
  6. "CWHL unveils Chinese expansion franchise for 2017-18 - Sportsnet.ca". 
  7. Berkman, Seth (5 de xuño de 2017). "Canadian Women’s Hockey League to Add a Team From China". The New York Times (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2018. 
  8. "Red Star Women’s Ice Hockey Name Rob Morgan as Associate Head Coach" (en inglés). www.hcredstar.us. 16 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  9. "Forward Courtney Turner taken with first pick in CWHL draft". sportsnet.ca (en inglés). 20 de agosto de 2017. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  10. "Kristyn Capizzano And Alex Carpenter Taken In 2017 CWHL Draft". bcinterruption.com (en inglés). 21 de agosto de 2017. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  11. "DRAFT TRACKER" (en inglés). theCWHL.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2018. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  12. "2017-2018 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  13. "CWHL Playoffs: Kunlun Red Star beat Calgary Inferno in triple OT" (en inglés). pensionplanpuppets.com. 18 de marzo de 2018. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  14. Rick, August (22 de marzo de 2018). "China Wants A Gold In Hockey, And That Means Female Players Might Finally Get Paid Their Worth". Forbes (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2018. 
  15. "2018 Clarkson Cup Final at Ricoh Coliseum" (en inglés). Toronto.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2018. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  16. Mahiban, Dhiren (26 de marzo de 2018). "Markham Thunder capture Clarkson Cup with OT win" (en inglés). CBC.ca. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  17. 17,0 17,1 Sun, Maura (3 de agosto de 2018). "KUNLUN RED STARS ANNOUNCE TEAM NAME CHANGE" (en inglés). thecwhl.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  18. "2017-18 Canadian Womens Hockey League Standings" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  19. "KUNLUN RED STAR Roster. 2017-18 CWHL Regular Season" (en inglés). Kunlun Red Star. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2018. Consultado o 4 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]