Portal:Ferrol/Artigo destacado/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ideal Auto ou IASA é unha empresa de transporte de viaxeiros e mercadorías fundada en Ferrol en 1912 por Jesús Pita Saavedra co nome de El Ideal Gallego. Tamén se coñece popularmente como "O Ideal".

O seu fundador foi un emigrante en Cuba que á volta mercou a súa primeira liña. Comezou con tres carros mercados a uns curas para facer o percorrido Ferrol - Xuvia - Maniños - Cabanas - Pontedeume - A Coruña. Posteriormente foi ampliando liñas, mercando outras empresas ou asociándose con elas para compartir liñas, como a Empresa Ribadeo (fundada en 1930, pasando a chamarse ERSA en 1957 e que foi mrecada por IASA en 1993), ou El Celta (fundada en Santiago en 1954).

En 1975 trocou o nome por Ideal Auto S.A. (IASA). A empresa foi vendida en 1999 á multinacional inglesa Arriva tiña entón máis de 170 autocares e case trescentos traballadores. Trasladáronse as oficinas á Estación da Coruña, deixando a sede de Ferrol e pechando os talleres de mantemento en Fene.