Portal:A Coruña/Artigo destacado/7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Compañía de Tranvías da Coruña, S.A. é unha empresa galega de transportes que proporciona o servizo de transporte público urbano na cidade da Coruña, en réxime de concesión municipal. Creada en 1903 cun servizo entre Porta Real e a Estación de Norte mediante tranvías tirados por mulas, tiña ramais a Riazor e ás cocheiras. A rede actualmente está formada por 560 paradas ao longo das 23 liñas que percorren a cidade, incluída a liña que une o centro da capital herculina cos campus de Elviña e A Zapateira da Universidade da Coruña.

En 2014 a empresa levou a 20,9 millóns de viaxeiros e en 2013 daba traballo a 229 empregados.

A CTC conta cunha frota estable e permanente de aproximadamente 93-94 autobuses (as incorporacións non engrosan a frota, senón que substitúen as unidades máis antigas). O patrimonio da empresa foi valorado en 2013 en 18 millóns de euros.