A ponte, que data do século XVI, sempre foi considerada un símbolo da época otomá de Bosnia e Hercegovina. Ten unha anchura de tres metros e unha lonxitude de 30. Ás dúas beiras levántanse dúas torres, a Halebija e a Tara, engadidas no século XVII.
O 9 de novembro de 1993 foi destruída durante a guerra de Bosnia. Slobodan Praljak, o comandante do Consello Croata de Defensa que ordenou a súa destrución, suicidouse en 2017 ante o tribunal TPII que ratificaba a súa condena a 20 anos de prisión por dita acción, así como por outros cargos.[1][2]
As dúas beiras da cidade estiveron ligadas ata a reconstrución por unha ponte provisional, deseñada por enxeñeiros militares españois e portugueses
Coa chegada da paz iniciáronse os traballos de reconstrución, baixo a colaboración da Unesco e de organizacións de rescate de Patrimonio da Humanidade. A nova ponte foi inaugurada o 23 de xullo de 2004 e o seu custo foi de aproximadamente 15 millóns e medio de dólares.[3]