Saltar ao contido

Polyommatus dorylas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Polyommatus dorylas [1] é un lepidóptero ropalócero da familia Lycaenidae.[2]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Sur e centro de Europa, Turquía e Transcaucasia . Na Península Ibérica distribúese polo centro e norte, preferentemente en zonas montañosas.[2]

Lugares herbosos con flores, sobre terreo calcario. A eiruga aliméntase de Vulneraria (Anthyllis vulneraria).[1][2]

Período de voo

[editar | editar a fonte]

En altitudes elevadas hai unha xeración ao ano entre finais de xuño e agosto. En altitudes máis baixas bivoltina coa primeira xeración en maio e xuño e a segunda a finais de xullo e agosto. Hiberna como larva nova.[2]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Eirugas coidadas por formigas como Myrmica scabrinodis, Formica cinerea e Lasius alienus.[2]

  1. 1 2 Arrizabalaga; et al., eds. (decembro de 2012). "Proposta de noms comuns per a les papallones diürnes (ropalòcers) catalanes" (PDF).
  2. 1 2 3 4 5 Tolman, Tom; Lewington, Richard. (2011). Mariposas de España y Europa (en castelán). Lynx. ISBN 978-84-96553-84-2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]