Polvoreira de Mougá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°30′26″N 8°16′14″O / 43.507258, -8.270656

Polvoreira de Mougá
Vista do cumio do monte, instalacións da Armada Española en Mougá, Ferrol

Data de Construción:?
País:España España
Efectivos:?
Superficie:79 hectáreas
Mapa da situación
Mougá en España
Mougá
Mougá
Localización das Polvoreiras de Mougá, Ferrol.

A Polvoreira de Mougá é unha instalación militar da Armada Española situada en Mougá (Doniños, Ferrol).

Historia[editar | editar a fonte]

As polvoreiras de Mougá formaron parte das defensas que foron construídas no arco Ártabro por toda a costa de Ferrol, A Coruña e ata Valdoviño para vixiar a costa e servir de apoio á Armada Española. Todas esas construcións foron abandonadas. Só queda operativa a de Mougá e a antena de Bailadora no monte do mesmo nome, no concello de Ares. Mougá está preto da base Naval da Graña e relativamente preto da antiga Bazán, os estaleiros militares.

Dentro das instalacións militares están catalogados dous túmulos megalíticos, outros dous preto do peche e dous máis a 400 metros.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Valado da polvoreira de Mougá, Armada Española.

O recinto, duns cinco km de perímetro, está situado no cumio do monte. Accédese dende a estrada Serantes-Doniños CP-3607, a altura dos altos de Valón a estrada divídese en varios camiños. Unha desas estradas leva a Doniños, outra a San Xurxo e a outra aos altos de Mougá. Ese lugar elevado é un paso natural entre os vales de Serantes e Doniños.

As instalacións teñen un só acceso por estrada, o outro é polo cumio do monte, por Bailadora, o antigo acceso a Ferrol dende Covas. Este paso é por estrada sen asfaltar e máis propio de vehículos todo terreo.

O perímetro das polvoreiras ten un valado metálico con arame de espiño no alto, está sinalizado e a iluminación fai que se vexa dende boa parte da comarca.

Dentro do perímetro hai todo tipo de instalacións para persoal, zona residencial, zonas industriais boa parte das cales están soterradas igual que os silos para os mísiles.

As instalacións foron actualizadas para servir como polvoreiras das fragatas F-100 da Armada Española.[2] A estrada de acceso ao Porto Exterior de Ferrol construíse preto das instalacións, seguindo boa parte do perímetro.

En 2007 Lloyd's Register Quality Assurance Limited (LRQA) certificou a xestión ambiental da Armada Española na Polvoreira de Mougá, segundo ISO 14001.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]