Base Naval da Graña
| Base Naval da Graña | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| A Graña | |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
A Base Naval da Graña é unha instalación militar da Armada Española situada na Graña (Ferrol), xunto á ría de Ferrol.
Historia
[editar | editar a fonte]A inicios do século XVIII A Graña xunto con Ferrol pasaron a ser sede dos estaleiros reais. A principios do século XX A Graña pasou a ser base naval [1]. Actualmente as instalacións fan funcións de apoio á Armada Española, de aprovisionamento de combustible, materiais e armamento.
A base naval ten varias portas de acceso aínda que a máis empregada é o túnel de uso militar baixo o monte que vai dende A Cabana ata o interior da base. O túnel ten unha lonxitude de case un quilómetro e evita o paso polas estreitas e empinadas rúas urbanas da Graña. As instalacións están rodeadas dunha muralla na parte máis preto da cidade da Graña, o resto do perímetro é un valado de arame.
Dende o 2005 a Estación Naval da Graña ten certificación do sistema de xestión medioambiental ISO 14001:2004.