Saltar ao contido

Polonnaruva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPolonnaruva
Imaxe
Tipoasentamento Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCentro-Norte, Sri Lanka (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDistrito de Polonnaruwa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 7°56′N 81°00′L / 7.93, 81
Características
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Asia-Oceanía insular
Data1982 (6ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (iii) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador201

Polonnaruva ou Pollonaruva (sinhala ou lingua cingalesa: පොළොන්නරුව, romanizado: Poḷonnaruva; támil: பொலன்னறுவை, romanizado: Polaṉṉaṟuvai) tamén coñecida como Pulatti Nagar e Pulatthinagara,[1] e Jananathmangalamen en tempos antigos, é unha cidade antiga e a segunda capital máis antiga de Sri Lanka, nomeada Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Conta cun conxunto arquitectónico que rodea un lago artificial, formado por pazos, pontes, salas de reunións, baños reais, mosteiros e diversos templos, entre os que destacan os de Lankatilaka e Tivanka, con magníficas decoracións de estuco e tella, e a de Vatadage, de forma circular con numerosas estatuas de Buda.[2] Os monumentos máis famosos de Polonnaruva son os Budas de Galvihara, xigantescas estatuas de Buda esculpidas na rocha en varias posicións. O museo arqueolóxico recolle numerosos achados en salas temáticas.[3]

Foi o centro vibrante do comercio e da relixión do país entre os séculos XI e XIII. Foi a capital do país despois do declive e a destrución de Anuradhapura. A cidade floreceu baixo o reinado do rei Parakramabahu I (1153-1186), que embeleceu a cidade con grandes edificios e construíu unha serie de reservatorios para o rego.

A cidade de Polonnaruwa chegou ao seu apoxeo durante o século XII baixo o reinado de Parakramabahu I, que desenvolveu unha cidade moi planificada con templos budistas, xardíns e reservatorios de auga, nun esforzo por crear un reino autosuficiente e sustentábel.

Durante o seu tempo, a cidade de Polonnaruwa converteuse nunha importante base para o budismo theravada en Sri Lanka e un lugar de aprendizaxe budista.

  1. Keown, Damien (2004-01-01). Pulatthinagara (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-860560-7. doi:10.1093/acref/9780198605607.001.0001/acref-9780198605607-e-1449;jsessionid=fe3598331d94ff57f8d95eb35125f32c. 
  2. "El Vatadage de Polonnaruwa: uno de los templos más antiguos". Mi Viaje (en castelán). 2020-07-05. Consultado o 2023-06-24. 
  3. Marques, Marlene (2017-02-01). "POLONNARUWA - À DESCOBERTA DA ANTIGA CAPITAL". Marlene On The Move (en portugués). Consultado o 2023-06-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.