Policía Militar do Paraná
No Brasil as Policías Militares (PM) son forzas auxiliares e reserva do exército, e forman parte do sistema de seguridade pública e defensa social brasileiro. Os seus membros son chamados militares dos Estados.[1] Os Estados teñen cadansúa propia policía militar, con diferentes formacións, regulamentos e uniformes. As policías das forzas armadas teñen outras denominacións: Policía do Exército (PE), Policía Naval (PN), e Policía da Aeronáutica (PA).
A principal función da Polícia Militar do Paraná (PMPR) é a conservación da orde pública no Estado do Paraná.
Historia
[editar | editar a fonte]A Policía Militar do Paraná foi creada como unha unidade de Cazadores (Infantaría Leve) en 1854,[2] co nome de Compañía de Forza Policial. Debido a necesidade do Imperio do Brasil, de efectivos militares para situacións de emerxencia.
A historia da PMPR presenta honrosa participación nos acontecementos militares que marcaron a vida nacional brasileira.
- Guerra da Tripla Alianza
- Revolución Federalista
- Guerra do Contestado
- Revolución de 1924
- Revolución de 1930
- Revolución de 1932
Essa situación foi mantida ata a fin da segunda guerra mundial, e foi soamente en 1946 cando a Policía Militar adquiriu a configuración actual; unha especie de xendarmaría que está suxeita aos Estados (da Federación).
Denominacións
[editar | editar a fonte]- 1854 - Compañía de Forza Policial.
- 1874 - Corpo de Policía.[3]
- 1891 - Corpo Militar de Policía.[4]
- 1892 - Rexemento de Seguranza.[5]
- 1917 - Forza Militar.[6]
- 1932 - Forza Pública.[7]
- 1939 - Forza Policial.[8]
- 1946 - Policía Militar.[9]
Organización
[editar | editar a fonte]A PMPR está organizada en batallóns, compañías e pelotóns. As sedes dos batallóns están localizadas nas grandes cidades, e as súas compañías e pelotóns son distribuídos consonte coa densidade de poboación nas cidades veciñas.
Batallóns de Policía Militar
[editar | editar a fonte]A Policía Militar do Paraná está presente en todas as cidades do Estado.
- 1° Batallón de Policía Militar - Ponta Grossa;
- 2° Batallón de Policía Militar - Jacarezinho;
- 3° Batallón de Policía Militar - Pato Branco;
- 4° Batallón de Policía Militar - Maringá;
- 5° Batallón de Policía Militar - Londrina;
- 6° Batallón de Policía Militar - Cascavel;
- 7° Batallón de Policía Militar - Cruzeiro do Oeste;
- 8° Batallón de Policía Militar - Paranavaí;
- 9° Batallón de Policía Militar - Paranaguá;
- 10° Batallón de Policía Militar - Apucarana;
- 11° Batallón de Policía Militar - Campo Mourão;
- 12° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
- 13° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
- 14° Batallón de Policía Militar - Foz do Iguaçu;
- 15° Batallón de Policía Militar - Rolândia;
- 16° Batallón de Policía Militar - Guarapuava;
- 17° Batallón de Policía Militar - São José dos Pinhais;
- 18° Batallón de Policía Militar - Cornélio Procópio;
- 19° Batallón de Policía Militar - Toledo;
- 20° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
- 21° Batallón de Policía Militar - Francisco Beltrão;
- 22° Batallón de Policía Militar - Colombo;
- 23° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
- 1ª Compañía Independente de Policía Militar - Lapa;
- 2ª Compañía Independente de Policía Militar - União da Vitória;
- 3ª Compañía Independente de Policía Militar - Telêmaco Borba;
- 4ª Compañía Independente de Policía Militar - Londrina;
- 5ª Compañía Independente de Policía Militar - Umuarama.
- 6ª Compañía Independente de Policía Militar - Ivaiporã;
- 7ª Compañía Independente de Policía Militar - Arapongas;
- 8ª Compañía Independente de Policía Militar - Irati.
Unidades Especializadas
[editar | editar a fonte]- Rexemento de Policía Montada;
- Batallón de Policía de Tráfego;
- Batallón de Policía de Estrada;
- Batallón de Policía de Garda (de prisións);
- Batallón de Policía de Medio Ambiente;
- Batallón de Patrulla de Escolas;
- Batallón de Operacións Especiais;
- Batallón de Policía de Fronteira;
- Compañía Independente de Policía de Garda (cerimonial).
Corpo de Bombeiros
[editar | editar a fonte]O Corpo de Bombeiros do Paraná foi creado en 1912.[10] A Corporación é militarizada, semellante ao Sapeurs-pompiers de Francia, e está integrada na estrutura da PMPR. Un grupamento é equivalente a un batallón, e un subgrupamento dunha compañía. Os grupamentos e subgrupamentos están baseados nas grandes cidades. Nas cidades pequenas, os combates a incendios son realizados por bombeiros voluntarios.
- 1° Grupamento de Bombeiros - Curitiba;
- 2° Grupamento de Bombeiros - Ponta Grossa;
- 3° Grupamento de Bombeiros - Londrina;
- 4° Grupamento de Bombeiros - Cascavel;
- 5° Grupamento de Bombeiros - Maringá;
- 6° Grupamento de Bombeiros - São José dos Pinhais;
- 7° Grupamento de Bombeiros - Paranaguá;
- 8° Grupamento de Bombeiros - Foz do Iguaçu;
- 1º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Ivaiporã;
- 2º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Pato Branco;
- 3º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Francisco Beltrão.
- 4º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Apucarana;
- 5º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Guarapuava;
- 6º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Umuarama;
- Centro de Ensino e Adestramento - Piraquara.
Uniformes
[editar | editar a fonte]Historicamente os militares brasileiros herdaron tradicións lusitanas. Desde o nacemento ata os primeiros anos da República, a PMPR usou uniformes azuis (azul ferrete) semellantes aos do Exército Português. En 1912 foi adoptada a cor caqui, que tradicionalmente permanece en uso ata hoxe. Os bombeiros sempre usaron os mesmos uniformes da policía militar, só engadindo as súas insignias e distintivos.
Graduación
[editar | editar a fonte]A PMPR ten a mesma xerarquía do Exército Brasileiro, con insignias diferentes.
Coronel | Tenente Coronel |
Maior | Capitán | Primeiro Tenente |
Segundo Tenente |
Aspirante a Oficial |
Subtenente |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Primeiro Sarxento |
Segundo Sarxento |
Terceiro Sarxento |
Cabo | Soldado de Primeira Clase |
---|---|---|---|---|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo 42 da Constitución Brasileira de 1988.
- ↑ Lei n° 07, de 10 de agosto de 1854.
- ↑ Lei n° 380, de 30 de marzo de 1874.
- ↑ Decreto n° 04, de 10 de decembro de 1891.
- ↑ Lei n° 36, de 05 de xullo de 1892.
- ↑ Decreto n° 473, de 09 de xullo de 1917.
- ↑ "Decreto n° 1.505, de 25 de xuño de 1932." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2009.
- ↑ "Decreto Lei n° 9.315, de 26 de decembro de 1939." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2009.
- ↑ "Decreto Lei n° 544, de 17 de decembro de 1946." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2009.
- ↑ "Lei n° 1.133, de 23 de marzo de 1912." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2009.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Policía Militar do Paraná |