Pol Bueso
Pol Bueso | |
---|---|
Información persoal | |
Nacionalidade | España |
Altura | 1,85 metros |
Deporte | |
Deporte | Fútbol |
Posición | Defensa |
Club | CD Arenteiro |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pol Bueso Paradís, nado en Moncofa (Castelló) o 27 de abril de 1985, é un futbolista español. Xoga normalmente de central, aínda que tamén pode ocupar a posición de lateral esquerdo. Actualmente xoga no CD Arenteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pol Bueso Paradís formouse nas categorías inferiores do CD Castelló: xogou no equipo filial CD Castelló B en Terceira División a tempada 2005/06. Debutou co primeiro equipo o 5 de setembro de 2007 en partido da Copa do Rei ante o Albacete Balompié. Esa mesma tempada foille cedido en marzo de 2008 á AD Ceuta en Segunda División B coa que logrou anotar un gol e clasificarse para a promoción de ascenso a Segunda División de España.[1][2]
En xullo de 2008 regresou ao CD Castelló para formar parte do cadro principal, aínda que non foi titular nas dúas seguintes campañas en Segunda división.[3] En cambio, tras o descenso a Segunda división B, Pol foi o único xogador que continuou no equipo na tempada 2010/11, e pasou a ser o primeiro capitán. Alí consolidouse no once titular, formando parella no eixo da defensa con Joan Castelo.
Bueso despois pasou a xogar no filial do Valencia, o Valencia Mestalla, na tempada 2011/12, e despois na UD Salamanca (2012/13), ambos os dous na que daquela era a categoría de bronce. En xaneiro de 2015 marchou ao Club Gimnàstic de Tarragona como reforzo do mercado de inverno. Ao final da tempada, en agosto de 2015, asinou co UCAM Murcia co que ascendeu a Segunda División tras vencer a dobre partido o Real Madrid Castilla. Así conseguiu ademais o título de campión de Segunda División B da campaña 2015/16 ao imporse ao Reus Deportiu na final.
No verán de 2016 o xogador recalou no Hércules, onde permaneceu por tres campañas, ata que na tempada 20/21 asinou polo Pontevedra do grupo segundo de Segunda División B. Na seguinte tempada pasou ao Arenteiro, onde xogou en Segunda Federación e na Copa do Rei (incluíndo unha eliminatoria contra o Atlético de Madrid xogada en Espiñedo. En xaneiro de 2023, durante un partido co Guijuelo, esvaeu e perdeu o coñecemento logo de darlle unha cabezada ao balón[4].
Clubs[editar | editar a fonte]
Actualizado ao remate da tempada 20/21.
Club | Temporada | Liga | Copa | Total | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | ||
CD Castellón B | 2005/06 | – | – | — | — | – | – |
2006/07 | 17 | 0 | — | — | 17 | 0 | |
2007/08 | 25 | 0 | — | — | 25 | 0 | |
Total | 42 | 0 | — | — | 42 | 0 | |
CD Castellón | 2007/08 | 3 | 0 | 1 | 0 | 4 | 0 |
AD Ceuta | 2007/08 | 8 | 1 | — | — | 8 | 1 |
CD Castellón | 2008/09 | 15 | 0 | 3 | 0 | 18 | 0 |
2009/10 | 20 | 0 | 1 | 0 | 21 | 0 | |
2010/11 | 26 | 0 | 1 | 0 | 27 | 0 | |
Total | 61 | 0 | 5 | 0 | 66 | 0 | |
V. Mestalla | 2011/12 | 23 | 0 | — | — | 23 | 0 |
UD Salamanca | 2012/13 | 34 | 0 | — | — | 34 | 1 |
Albacete Balompié | 2013/14 | 38 | 0 | 1 | 0 | 39 | 0 |
2014/15 | 7 | 0 | 3 | 0 | 10 | 0 | |
Total | 45 | 0 | 4 | 0 | 49 | 0 | |
Gimnàstic de Tarragona | 2014/15 | 7 | 0 | 0 | 0 | 7 | 0 |
UCAM Murcia | 2015/16 | 23 | 0 | 2 | 0 | 25 | 0 |
Hércules | 2016/17 | 33 | 1 | 4 | 0 | 37 | 1 |
2017/18 | 19 | 0 | 0 | 0 | 19 | 0 | |
2018/19 | 10 | 0 | 0 | 0 | 10 | 0 | |
Total | 62 | 1 | 4 | 0 | 66 | 1 | |
Pontevedra CF | 2019/20 | 16 | 0 | 1 | 0 | 17 | 0 |
2020/21 | 6 | 0 | 2 | 0 | 8 | 0 | |
Total | 22 | 0 | 3 | 0 | 25 | 0 | |
Arenteiro | 2021/22 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
2022/23 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | |
Total | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | |
Total carreira | 209 | 2 | 7 | 0 | 216 | 2 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Albacete
- Segunda División B (1): 2013/14.
- Gimnàstic
- Segunda División B (1): 2014/15.
- UCAM Murcia
- Segunda División B (1): 2015/16.
- Arenteiro
- Segunda División RFEF (1): 2022/23.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ RFEF (5 de setembro de 2007). "Albacete 1 Castellón 0".
- ↑ Las Provincias (20 de marzo de 2008). "Pol Bueso feliz con su cesión al Ceuta".
- ↑ El Periódico Mediterráneo (26 de maio de 2008). "Pol formará parte de la primera plantilla". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012.
- ↑ Diego Espiño (9 de xaneiro de 2023). "O ex-granate Pol Bueso recupérase "no seu fogar descansando" tras sufrir un desmaio durante o Guijuelo-Arenteiro". Pontevedra Viva.