Política económica anticíclica
- Véxase tamén: Política económica procíclica.
A política económica anticíclica ou contracíclica consiste no conxunto de accións gobernamentais dedicadas a impedir, superar, ou minimizar os efectos do ciclo económico.
Os ciclos económicos son fluctuaciones da actividade económica inherentes á economía e caracterizadas pola alternancia de períodos alcistas e de recesión. Os ciclos económicos son consecuencia da sobreacumulación ou sobreproducción, á cal seguen expectativas de diminución da taxa de ganancia (ou de que a taxa de ganancia sexa menor que a taxa de interese), o que provoca a redución de investimentos e a desaceleración do nivel de actividade. Diversos factores exógenos, como as crises do petróleo ou as crises financeiras, poden contribuír a reverter o ciclo ou a acentuar os seus efectos.
As políticas anticíclicas xeralmente son defendidas polos keynesianos, que consideran que o ciclo económico non tende ao equilibrio xeral, como pensaban os neoclásicos. Segundo a escola keynesiana o déficit e o investimento público é o principal instrumento de política económica para amortecer os efectos do ciclo. Así, durante a recesión, o goberno debe intervir, reducindo tributos, promovendo a expansión do crédito e aumentando o gasto, realizando investimentos que sexan capaces de estimular a economía.
Desta forma, durante unha recesión, onde o capital privado non ten expectativas de ganancia que fomenten o seu investimento, é o déficit público o que debe expandirse para poder restablecer o equilibrio económico. Da mesma forma, o inverso debe ocorrer durante a fase crecente do ciclo, nos períodos de prosperidade o Estado debe aumentar a recadación, creando un superávit para pagar as súas débedas e formar un fondo de reserva que poida ser utilizado durante os períodos de recesión ou depresión económica.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- BLATMAN, Dario. Keynes zonaeconomica.com., 28/10/2006
- (en portugués) CANUTO, Otaviano e FERREIRA JÚNIOR, Reynaldo R. Assimetrias de informação e ciclos econômicos: Stiglitz é keynesiano?Texto para Discussão. IE/UNICAMP, Campinas, n. 73, maio 1999
- (en inglés) SCHUMPETER, Joseph Alois. Business Cycles: A Theoretical, Historical and Statistical Analysis of the Capitalist Process. Nova York e Londres: McGraw-Hill Book Co., Inc., 1939. 1st ed., 2 vols.
- (en inglés) SCHUMPETER, Joseph Alois. The Theory of Economic Development: An Inquiry into Profits, Capital, Credit, Interest, and the Business Cycle (translated by Redvers Opie, with a special preface by the author). Cambridge Mass: Harvard University Press, 1934. Second Printing 1936; third printing 1949.
- (en portugués) SICSÚ, João; PAULA, Luiz Fernando; e RENAUT, Michel, organizadores. Novo-desenvolvimentismo: um projeto nacional de crescimento com eqüidade social. Barueri:Manole; Río de Xaneiro:Fundação Konrad Adenauer, 2005. ISBN 85-98416-04-5 (Manole)