Polígono industrial de Piadela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°16′36.1″N 08°13′59.0″O / 43.276694, -8.233056

Sede de Gadisa no polígono de Piadela

O polígono industrial de Piadela é unha zona industrial, loxística e de uso terciario-mixto situada na parroquia de Piadela, no concello de Betanzos, desenvolvido mediante iniciativa privada.

Historia e descrición[editar | editar a fonte]

Este polígono encóntrase claramente subdividido entre norte e sur, cada parte ten sido promovida por empresas privadas distintas e a liña do ferrocarril Coruña-Palencia exerce como barreira física delimitadora entre ambas.

Piadela Norte[editar | editar a fonte]

O 9 de xaneiro de 1989 o pleno municipal betanceiro aprobaba o Plan Parcial do Polígono Industrial de Piadela que promovía Tojeiro Transportes S. A., do empresario Roberto Tojeiro Díaz[1], quedando a obra inaugurada en 1991[2][3]. A distribuidora de alimentación Gadisa é o seu principal inquilino.

  • Fase I: 141.126 m2 (sup. neta) | 94.388 m2 (sup. bruta)[4]
  • Fase II: 41.000 m2 (sup. neta) | 17.132 m2 (sup. bruta)[4]
  • Fase III: 99.565 m2 (sup. neta) | 76.618 m2 (sup. bruta)[4]

Piadela Sur[editar | editar a fonte]

Foi promovida pola empresa madeireira FINSA mediante a sociedade limitada Terrenos Piadela[4][5]:

  • Fase I: 96.794 m2 (sup. neta) | 133.190 m2 (sup. bruta) 1995
  • Fase II: 110.281 m2 (sup. neta) | 155.308 m2 (sup. bruta) abril de 2010
  • Fase III: 103.502 m2 (sup. neta) | 70.225 m2 (sup. bruta) decembro de 2009

Accesos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Anuario brigantino 1989" (PDF). Anuario brigantino. Consultado o 04-05-2017. 
  2. "Polígono industrial A Piadela, Betanzos. Galicianaves Noticias". www.galicianaves.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2018. Consultado o 2017-05-04. 
  3. Faro de Vigo. "Muere Roberto Tojeiro, creador de Gadisa - Faro de Vigo". www.farodevigo.es. Consultado o 2017-05-04. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 López Bregua, Ángel. "Anexo de táboas. Dpto. de Xeografía" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 04-05-2017. 
  5. "TERRENOS PIADELA SL, A CORUÑA - Informe comercial, de riesgo, financiero y mercantil.". www.infocif.es (en castelán). Consultado o 2017-05-04.