Saltar ao contido

Pobo otoe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo otoe
Representación dun missouria (esquerda) xunto a un otoe (centro) e un ponca (dereita), por Karl Bodmer.
Poboación
Poboación total:
4 650
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados UnidosNebrasca e Oklahoma
Aspectos culturais
LinguaLingua chiwere e inglés
RelixiónCristianismo e igrexa nativo americana
Grupos
relacionados
Iowa, missouria, ponca e ho-chunk

Os otoe son un pobo indíxena do medio oeste dos Estados Unidos de América. A súa lingua, o chiwere, forma parte da familia síux e é falada por outros pobos afíns como os iowa e os missouria.

Historicamente, os otoe vivían como un pobo semi-nómade nas chairas centrais a carón do río Missouri, nos estados de Nebrasca, Kansas, Iowa e Missouri . Construían casas de cortiza de umeiro cando traballaban a terran, e usaban tipis cando viaxaban, como outras tribos das chairas. Moitas veces abandonaban as súas aldeas para cazar bisontes.

No século XIX, moitas das súas vilas foron destruídas mor das liortas con outras tribos. O contacto cos europeos e as enfermidades xogaron un papel principal no seu declive. Hoxe en día, están federalmente recoñecidos como "tribo otoe de Oklahoma", e comparten reserva co pobo sauk e meskwaki.

Territorio tribal dos otoe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]