Saltar ao contido

Pobo dinka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo dinka
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Lingua materna
Cifras e dimensións
 Poboación
   4.637.302 (2011) Editar o valor en Wikidata
Sudán do Surc  3 000 000
Sudán Sudánc  1 500 000
Fontes e ligazóns
Freebase/m/039z49 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os dinkas[1] son un grupo étnico que habita na rexión de Bahr el Ghazal, na conca do río Nilo, en Jonglei, no Sudán do Sur, e en partes das rexións de Kurdufan e o Alto Nilo no Sudán. Os dinkas son un pobo agrícola e gandeiro, que pastorea nos campos dos ríos na estación seca e cultiva paínzo e outras variedades de gran na estación chuviosa. O seu número rolda os 4,5 millóns de persoas segundo o censo de 2008 do Sudán, representando o 18% da poboación[2] antes da independencia do Sudán do Sur, e sendo o meirande grupo étnico do novo país. Os dinkas, ou como se chaman a si mesmos muonyjang (singular) e jieng (plural), constitúen unha das pólas dos pobos nilóticos, que inclúen os nuer e os luo).[3] Os dinkas son recoñecibles pola súa estatura, e xunto cos tutsis de Ruanda, están considerados o pobo máis alto de África.[4]

  1. ↑ Digalego.xunta.gal/ (ed.). "Dinka en Digalego.xunta.gal". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2017.
  2. ↑ Ancient Historical Society Virtual Museum, 2010
  3. ↑ Seligman, C. G.; Seligman, Brenda Z. (1965). Pagan Tribes of the Nilotic Sudan. Londres: Routledge & Kegan Paul.
  4. ↑ In and Out of Focus: Images from Central Africa 1885-1960 (ed.). "The Tutsi". National Museum of African Art, Smithsonian Institution. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 29 de xullo de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Garang de Mabior, John (xuño de 2011). The Undiscovered Stories About Man Behind South Sudanese' Freedom. ISBN 978-0-9837134-1-8. 
  • Stubbs, J. M.; Morison, C. G. T. (1940). Sudan Notes and Records XXI, ed. The Western Dinkas: Their Land and Their Agriculture. pp. 251–266.