Nadadores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Natantia»)
Para o topónimo Nadadores, véxase Nadadores, México.
Palaemon serratus, o camarón, un crustáceo nadador (hoxe, dendrobranquiado).

Os nadadores (Natantia) é un taxon obsoleto de crustáceos decápodos, que comprendía aquelas familias que integran as especies que se moven principalmente mediante a natación, como os camaróns (os carideos ou Caridea e os procaridideos ou Procarididea), os lagostiños e as gambas (dendrobranquiados ou Dendrobranchiata) e os chamados en inglés boxer shrimp, "camaróns bóxer", os estenopodideos ou Stenopodidea.[1]

Todos os demais decápodos —nécoras, centolas, lumbrigantes e outros moitos animais caracterizados por camiñar polo fondo— agrupábanse no outro grupo ou orde, o dos reptadores (Reptantia).[1]

Porén, esta clasificación segue encontrándose nos libros antigos, e mesmo en cursos de bioloxía mariña dalgunhas universidades [2] ou en páxinas web serias.[3]

Clasificación tradicional dos decápodos[editar | editar a fonte]

Orde decápodos (Decapoda):[3]

  • Reptadores (Reptantia)
    • Anomuros (Anomura)
    • Braquiúros (Brachyura)
    • Macruros (Macrura)
  • Nadadores (Natantia)

O cambio na clasificación[editar | editar a fonte]

A división entre Natantia e Reptantia foi cambiada en 1963, cando Martin Burkenroad fundou a suborde Pleocyemata (pleociemados) para aqueles animais que transportaban os ovos nos pleópodos, deixando a outra suborde, a dos Dendrobranchiata dendrobranquiados, para gambas, camaróns e afíns.[1]

Baixo este sistema, Natantia é un grupo parafilético. A división primaria de Burkenroad dos decápodos en Dendrobranchiata e Pleocyemata foi, desde entón, corroborada por análises moleculares filoxenéticas.[4]

Representacións de tres dos grupos antigamente situados nos "nadadores"[editar | editar a fonte]

Clasificación actual[editar | editar a fonte]

A clasificación actual, até o nivel de infraordes, segundo De Grave et al., é:[5]

Orde Decapoda Latreille, 1802

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Raymond T. Bauer (2004). Remarkable Shrimps: Adaptations and Natural History of the Carideans. Animal natural history series 7. University of Oklahoma Press. p. 206. ISBN 978-0-8061-3555-7. 
  2. Reptantia: Crawling Crustaceans en British Marine Life. (en inglés) Consultada o 8/01/2012.
  3. 3,0 3,1 Decápodos. Calsificacíón Arquivado 26 de setembro de 2012 en Wayback Machine. en asturnatura.com (en castelán) Consultada o 8/01/2013.
  4. Alicia Toon, Maegan Finley, Jeffrey Staples & Keith A. Crandall (2009). "Decapod phylogenetics and molecular evolution". En Joel W. Martin. Decapod Crustacean Phylogenetics (PDF). CRC Press. pp. 9–24. ISBN 978-1-4200-9258-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 08 de xaneiro de 2013. 
  5. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 08 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]