Playa de las Américas
Coordenadas: 28°3′50.1″N 16°43′50″O / 28.063917, -16.73056
Playa de las Américas é un centro turístico pertencente ao municipio de Arona, situado no sur de Tenerife (Canarias, España). Esténdese desde o oeste da montaña de Chayofita ata a praia de El Bobo.
Este núcleo turístico desenvolveuse na década de 1960 a partir doutra zona turística como é Los Cristianos e linda con Costa Adeje, pertencente ao municipio de Adeje. Nesta zona da illa de Tenerife practícanse deportes náuticos como surf ou submarinismo e nela viven numerosos delfíns e baleas.
Demografía[editar | editar a fonte]
2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.188 | 2.462 | 2.764 | 2.889 | 2.832 | 3.287 | 3.514 | 3.813 | 4.181 | 4.469 |
Turismo[editar | editar a fonte]
Las Américas conta cunha variada oferta alojativa con apartamentos e hoteis de todas as categorías. Destacan diversos hoteis de máxima categoría e gran luxo que se reparten nas súas proximidades.
A zona de Playa de las Américas inclúe varias praias, a maioría artificiais, confeccionadas con area importada de África.
É ademais un dos lugares onde se aglutina a maior oferta de lecer do sur de Tenerife con bares, pubs, terrazas, restaurantes e numerosas discotecas.
Transporte[editar | editar a fonte]
Está comunicada pola autoestrada TF-1. O aeropuerto máis próximo é o de Tenerife Sur, que está aproximadamente a 20-25 minutos en coche.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xuño de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Playa de las Américas |
- Los Cristianos-Playa de las Américas en arona.org Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)