Plataforma Aberta Cidadá de Lalín
A Plataforma Aberta Cidadá de Lalín (PAC - Lalín) é unha agrupación política que traballa na circunscrición electoral de Lalín.[1]
Traxectoria e características
[editar | editar a fonte]Conformouse coa idea de concorrer nas eleccións municipais de 2015[2], para o cal elaborou un programa de 31 puntos entre os que destaca a defensa da identidade cultural (cítase expresamente a promoción da lingua galega e a protección do patrimonio), a gratuidade das zonas azuis para aparcar vehículos, a rebaixa da peaxe na autoestrada AP-53 entre Santiago e Dozón, a auditoría da débeda do consistorio ou a creación dun Foro Municipal da Enerxía, baseado no principio de autosuficiencia enerxética.[3]
Esta agrupación electoral conta coa presenza de militantes de Anova e Podemos pero sen a incorporación das organizacións.[4] A cabeza de lista foi Lara Rodríguez, seguida de Sabrina Lamas, Manuel Igrexas, Domingo Riádigos, Antón Blanco e Patricia Lamas de la Torre.
Nas eleccións obtiveron unha concelleira, Lara Rodríguez, que forma parte do goberno municipal de Lalín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PAC-Lalín superó las 750 firmas y se presentará como agrupación de electores, nova en La voz de Galicia o 18 de abril de 2015. (en castelán)
- ↑ PAC Lalín se presenta ante 50 personas para ´cambiar la forma de hacer política´', nova aparecida en Faro de Vigo o 7 de febreiro de 2015. (en castelán)
- ↑ "Programa electoral para as eleccións municipais de 2015.". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 18 de abril de 2015.
- ↑ "La lista ciudadana de Lalín toma forma", Faro de Vigo, 21 de xaneiro de 2015