Saltar ao contido

Lara Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLara Rodríguez

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Lara Rodríguez Peña Editar o valor en Wikidata
12 de decembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
Concelleira
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLalín Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora, política Editar o valor en Wikidata

Lara Rodríguez Peña, nada en Lalín o 12 de decembro de 1989, é unha profesora e política galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Granada, é profesora de Lingua Castelá e Literatura no ensino público.

En 2015 foi elixida candidata número un da Plataforma Aberta Cidadá de Lalín ás Eleccións municipais de 2015 en Galicia[1][2]. Foi elixida concelleira e nomeada terceira tenenta de alcalde, facéndose cargo das concellerías de Cultura e Educación.

Papeleta dos candidatos de En Marea ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.

Foi elixida, a través de primarias, para formar parte da candidatura de En Marea para as eleccións xerais de 2015, e finalmente foi a número catro pola provincia de Pontevedra[3]. Volveu ocupar o cuarto posto nas listas de En Marea nas eleccións xerais de 2016.

Nas municipias de 2019 volveu encabezar a candidatura da Plataforma Aberta Cidadá ao concello de Lalín,[4] pero non foi elixida.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 formou parte da lista de SUMAR Galicia no posto 16 da Circunscrición Electoral de Pontevedra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]