Placa suramericana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Mellore este artigo: mellorar redacción, lig. int. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
| Tipo | Placa tectónica | ||
|---|---|---|---|
| Comparte fronteira con | Placa africana Placa de Nazca (pt) Placa antártica Placa de Scotia (pt) Placa do Altiplano (pt) Placa do Norte dos Andes (pt) Placa do Caribe (pt) South Sandwich Plate (en) Placa norteamericana | ||
| Composto por | |||

A Placa suramericana é unha placa tectónica formada por litosfera continental e por litosfera oceánica, é dicir, mixta, que contén a Suramérica e ao suroeste do océano Atlántico. Está rodeada pola placa africana polo leste, pola placa caribeña e norteamericana polo norte, pola placa de Nazca polo Oeste e pola placa antártica polo sur.
Evolución
[editar | editar a fonte]
Hai 225 millóns de anos formaba parte de Panxea, o único continente existente na Terra por entón. Suramérica estaba unida a África polo leste e a Norteamérica polo norte.
Hai 180 millóns de anos a Panxea sepárase. A placa suramericana forma parte da metade meridional, Gondwana. Aínda segue unida a África.
Hai 135 millóns de anos comézase a formar o Atlántico Sur, pola formación da Dorsal Suratlántica.
Hai 65 millóns de anos, segue crecendo o océano Atlántico, mentres a placa de Nazca subduce por debaixo da placa suramericana, o que provoca a formación da Cordilleira dos Andes.
Na actualidade segue crecendo o océano Atlántico a unha velocidade aproximada de 3 cm por ano. Ademais a placa de Nazca segue subducindo, o que provoca unha alta actividade sísmica no oeste de Suramérica.
En teoría, e sempre que non haxa un cambio, a placa suramericana tende a acercarse a Asia e a Australia, reducíndose o océano Pacífico. No futuro poderían chegarse a unir Suramérica con Australia e Asia.

Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Placa suramericana |