Piquetes, Mañufe, Gondomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piquetes

Editar o valor em Wikidata
ParroquiaMañufe
ConcelloGondomar
Coordenadas42°06′08″N 8°46′10″O / 42.102361111111, -8.7695833333333Coordenadas: 42°06′08″N 8°46′10″O / 42.102361111111, -8.7695833333333
editar datos en Wikidata ]

Piquetes é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar, comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 86 persoas empadroadas (44 homes e 42 mulleres). Está situado a 2 km do centro da vila de Gondomar e a 38 metros de altitude sobre o nivel do mar.[1]

A Taberna de Tío José de Matilda, construción de valor etnográfico do rural galego situada en Piquetes, parroquia de Mañufe, Gondomar.

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta entidade de poboación fai estremas ao norte con Cristillón, a poñente con Seidóns, ao levante coa parroquia de Gondomar e ao sur cos montes do Outeiro do Concello. Ten a 2020 un total de 69 vivendas construídas[2].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Salientan algunhas construcións do rural galego. O seu cruceiro na encrucillada do camiño de Cristillón co camiño de Piquetes (antigo tramo do camiño real Baiona - Tui), está arrodeado dalgunhas vivendas de valor etnográfico como é o caso da Taberna do Tío José de Matilda, pequeno edificio a carón do devandito cruceiro e o lavadoiro público de restauración recente.[3]

Cruceiro de Piquetes
Artigo principal: Cruceiro de Piquetes.

Está situado no lugar de Piquetes, na encrucillada do Camiño Real Tui-Baiona co Camiño de Cristillón que leva ao cemiterio de Mañufe. Antigamente foi lugar de culto e procesión da festividade de San Brais. Esta partía da capela do Pazo de Moldes cara a este cruceiro onde daba volta e retornaba ao templo. Non ten data acreditada documentalmente, mais os estudos da súa fábrica polo arquitecto Antonio Soliño Troncoso a fan estimar sobre o século XVII. No estudo desta peza de Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, tampouco constata data de construción, mais coincide en que se trata dun cruceiro "primitivo". Cumpre coa fisionomía típica do cruceiro: plataforma, base, fuste, capitel e cruz.

Nota[editar | editar a fonte]

  1. "Parroquia de mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 25/05/2020. 
  2. "Lugar de Piquetes, Mañufe, Gondomar". Idealista.com. Consultado o 17/06/2020. 
  3. Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorrido polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñoranos. p. 110. ISBN 978-84-09-06595-0. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mañufe[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal

Parroquias de Gondomar[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)