Piperi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Piperi - Πιπέρι
Πιπέρι
Island Piperi.jpg
Vista de Piperi.
NorthSporadiEng.jpg
Mapa das Espóradas Setentrionais
Situación
PaísGrecia
ArquipélagoEspóradas
MarMar Exeo
Coordenadas39°11′N 23°58′L / 39.183, -23.967Coordenadas: 39°11′N 23°58′L / 39.183, -23.967
Xeografía
Superficie4´228 km²
Punto máis alto352 m.
Demografía
Poboación6 (2011)
Lingua propiaGrego

Piperi (en grego: Πιπέρι, "pementa") é unha illa grega nas illas Espóradas. Administrativamente forma parte do municipio de Alonnisos, logo de Skyros, é a illa máis oriental das Espóradas. O censo de 2001 reportou unha poboación de dous habitantes.

Illas e illotes próximos[editar | editar a fonte]

As illas e illotes máis próximas son Gioura ao oeste e Psathoura ao noroeste. A illa de Piperi é o núcleo do Parque e está estritamente protexido. Está prohibido fondear a calquera buque sen permiso. O obxectivo das restricións é a protección do importante hábitat da foca monxe, e tamén das aves de presa que viven e reprodúcense nas rocas inaccesibles da illa, que son tamén o fogar dalgunhas especies de plantas raras. Piperi ten costas escarpadas e rochosas e a vexetación está dominada por bosques de piñeiros, aínda que tamén hai algúns acivros, frygana e chasmophytes que se atopan nos cantís. Hai 33 especies de aves e estímase que a illa é o fogar de ao redor de 350 a 400 pares de Falco eleonorae.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Parque Nacional Mariño da Zona A". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]