Alónissos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alonnisos»)
Alónissos - Αλόννησος
Vista da illa
Datos
Capital Patitiri
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Espóradas
Linguas Grego
Poboación (2001) 2.700 hab.
Superficie 65 km²
Densidade
Coordenadas 39°9′N 23°50′L / 39.150, -23.833Coordenadas: 39°9′N 23°50′L / 39.150, -23.833
Maior Altura 456 m. Kouvouli
Localización
Localización da illa

Alónissos, Alonisos ou Alonnisos (grego:Αλόννησος) é unha illa grega no mar Exeo. Logo de Skiathos e Skopelos é a terceira das Espóradas. Está a 3 km da illa de Skopelos. Alonissos é tamén o nome dun pobo da illa, así como do municipio que abarca a illa e o pobo.

O pobo de Alonissos atópase na parte sur da illa. É coñecida localmente como Chora (cidade). O principal porto da illa atópase no sueste e chámase Patitiri. Hai servizo de transbordador e de hidrofoil de Patitiri a Volos, Agios Konstantinos e Salónica no continente e as illas de Skiathos, Skopelos e Skyros. A baía no extremo sur da illa tamén se chama Alonissos.

O Municipio de Alonissos inclúe as outras illas da Adelfoi, Gioura, Kyra Panagia (Pelagos), Peristera, Piperi, Psathoura e Skantzoura.

Historia[editar | editar a fonte]

Na Idade Media e ata o século 19, o pobo foi coñecido como Chiliodromia o que significa, un milleiro de rutas. Outros nomes foron Liadromia e Heliodromia. En tempos antigos, o lugar era coñecido como Ikos Evonymos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa na súa parte máis ancha ten de 4´5 km de noroeste a sueste e na súa parte máis longa ten de 20 km de suroeste a nordés. A illa é na súa maioría de pedra calcaria. Atópase ao leste de Grecia continental da prefectura de Magnesia, ao nordés de Eubea e ao noroeste da illa de Skyros. Alonissos ten unha estrada principal que conduce a tres aldeas na parte occidental da illa e varios camiños por toda a illa.

A Illa[editar | editar a fonte]

Alonissos

A agricultura está moi estendida en Alonissos, predominantemente granxas mixtas e viñedos. Os principais produtos son améndoa, uva, figos e olivas. Os abetos son abundantes na illa. Mentres que a pesca é unha profesión popular na illa, o turismo é agora a principal industria.

A vivenda tradicional componse de casas con paredes de pedra, que, ata 1965, estaban centradas na capital. Unha pequena fortaleza protexíaa contra os inimigos e piratas. A illa e a vila resultaron gravemente danados co terremoto de 1965. Moitos habitantes non volveron á vila de Alonissos, pero si a Patitiri. A antiga vila foi restaurada nos últimos anos, e as casas reconstruídas son agora utilizadas para o turismo.

As praias ao redor da illa son de seixos. O ecosistema no lado norte da illa está en boas condicións. O Monachus monachus (-Monachus monachus) é común ao redor da illa, e en 1992 foi creado o Parque Mariño de Alonissos para protexer as focas e outros animais.

Comunidades e subdivisiónses[editar | editar a fonte]

Praia en Alonissos
Praia en Alonissos

O municipio comprende varias pequenas illas con poboacións residentes. A superficie total do municipio é de 129´607 km². No censo de poboación de 2001 había 2.700 habitantes, dos cales só 28 persoas vivían nas outras illas.

Illa de Alonissos[editar | editar a fonte]

  • Agios Petros (Άγιος Πέτρος) [censo de poboación de 2001: 7]
  • 'Alonissos' (Αλόννησος) [173]
  • Chrysi Milio (Χρυσή Μηλιά)) [35]
  • Gerakas (Γέρακας) [24]
  • Isiomata (Ισιώματα) [19]
  • Kalamákia (Καλαμάκια) [45]
  • Marpounta (Μαρπούντα) - abandonada [0]
  • Mourtero (Μουρτερό) [65]
  • Patitiri (Πατητήρι) [1697]
  • Steni Vala (Στενή Βάλα)) [107]
  • Votsi (Βότση) [500]

Outras Illas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]