Piollo de mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anilocra physodes
Parella de piollos de mar parasitando un lábrido en Oleiros, Galiza
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
SubFilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Subclase: Eumalacostraca
Superorde: Peracarida
Orde: Isopoda
SubOrde: Flabellifera
Familia: Cymothoidae
Xénero: Anilocra
Especie
Anilocra physodes

O piollo dos peixes, papulo, papulo común, piollo do mar, carracho do mar ou carrapato do mar[1] (Anilocra physodes, Linnaeus 1758 ) é un crustáceo mariño parasitario de peixes. É un dos organismos máis grandes que parasitan os peixes, e en Galiza pódese atopar parasitando frecuentemente lábridos (vellos, maragotas), sargos etc).

Fisioloxía[editar | editar a fonte]

De cor gris ou gris-acastañado, este parasito amosa o aspecto típico dos crustáceos isópodos (iso: igual, podos: patas), deprimido ventralmente. Un exemplo á nosa vista dun exemplar da mesma división é o Armadillidium vulgare[2], crustáceo terrestre que podemos atopar na humidade.

Presenta pequenas antenas na testa. Nas extremidades da anilocra, que están distribuídas en sete pares, pódese apreciar como se adaptaron estes crustáceos á alimentación parasitaria, posuíndo garfos para a fixación no peixe e a succión do sangue do mesmo, en troques de patas convencionais[3]. No caso de se desprenderen do peixe, nadan até atopar un novo hospedador.

Xeralmente atópanse en parellas (macho e femia) e case sempre na cabeza do peixe, xa que isto garante a presenza de sangue e así evitan as escamas, máis duras de fender.

Os machos son pequenos, miden até un máximo de 2 centímetros. As femias son máis grandes e están adaptadas para conter os ovos, chegando a medir até 4 centímetros, sendo a miúdo máis escuras que os machos.

Distribución[editar | editar a fonte]

Pódense atopar no océano Atlántico e no mar Mediterráneo[4].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]