Pino Caballero Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pino Caballero Gil
Pino Caballero Gil.jpg
Nome completoPino Caballero Gil
Nacemento29 de novembro de 1968
Lugar de nacementoAs Palmas de Gran Canaria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de La Laguna
Ocupaciónmatemática
editar datos en Wikidata ]

Pino Caballero Gil nada nas Palmas de Gran Canaria[1] o 29 de novembro de 1968, é unha científica española.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en matemáticas na Universidade de La Laguna en 1990, e doutorouse na mesma universidade en 1995. É catedrática en Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial desde 2015. As súas investigacións céntranse na criptografía, a criptanálise, protocolos criptográficos, seguridade das comunicacións inalámbricas, xeradores pseudoaleatorios, autenticación forte e aplicacións móbiles seguras.[3]

Desde 1998 coordina o grupo CryptULL de investigación en Criptoloxía da Universidade de La Laguna.[4] Participou en 47 proxectos nacionais e internacionais de investigación.[5] Membro fundadora da Rede de Excelencia Nacional de Investigación en Ciberseguridade. Membro do Instituto Universitario de Desenvolvemento Rexional e do Instituto Univesitario de Estudos das Mulleres.

En 2017 recibiu o Premio do Instituto Universitario de Estudos das Mulleres da Universidade de La Laguna.[5] En 1998 recibiu o Premio Día das Canarias para Novos Investigadores.[3] Tamén recibiu o Premio “Proxecto Empresarial” da Fundación Fyde-CajaCanarias.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pino: prestigio científico internacional al servicio de la universidad". El Día (en castelán). 12 de maio de 2019. 
  2. Ramos González, Sofía (2019-04-16). "Desencriptando a la catedrática Pino Caballero Gil". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-10-18. 
  3. 3,0 3,1 "Currículum" (PDF). Universidad de La Laguna. 11 de noviembre de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de maio de 2021. Consultado o 18 de outubro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "Pino Caballero - NovaGob 2018". NovaGob 2018 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2020. Consultado o 8 de mayo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "Las catedráticas Victoria Marzol y Pino Caballero, premiadas por el Instituto Universitario de Estudios de las Mujeres". eldiario.es (en castelán). 17 de marzo de 2017. Consultado o 8 de mayo de 2018.