Pilar Magadán Chao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPilar Magadán Chao
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Meira, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de marzo de 2016 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfolclorista , musicóloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pilar Magadán Chao, nada en Meira o 17 de novembro de 1930 e finada en Salamanca o 4 de marzo de 2016,[1] foi unha musicóloga e intérprete galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Manuel Magadán López e de Asunción Chao Abraira, en 1942 aprobou o exame de ingreso no Instituto de Lugo.[2] Residiu en Salamanca desde 1943, e alí estudou peritaxe mercantil, ao tempo que fixo solfexo, harmonía, piano e órgano nos conservatorios de Salamanca e Madrid. Estudou canto na Coruña con María Fraga Irure e en Santander co profesor Llompart.

Baixo a dirección do musicólogo salmantino Aníbal Sánchez Fraile estudou a obra de Francisco Salinas e dos cancioneiros de Dámaso Ledesma e do propio Sánchez Fraile, así como a relación musical e literaria de varias obras de Juan del Encina coa tradición popular cantora de Salamanca.[3][4] En 1970 fundou o grupo musical Voces Blancas Salmantinas.[5] En decembro de 1974, por encargo da Deputación de Salamanca, creou a Escuela de Instrumentistas Populares e desenvolveu unha metodoloxía para a aprendizaxe da gaita e o tamboril salmantinos. Deixou o cargo en 1978.[6]

En 1976 ingresou como membro de número do Centro de Estudios Salmantinos, coa lectura do discurso La canción popular salmantina universal y universitaria, nun acto celebrado na aula Francisco Salinas da Universidade de Salamanca que contou coa presenza de alumnos de dita escola acompañando a actuación do grupo Voces Blancas Salmantinas. Entre 1977 e 1980 o conxunto gravou cinco discos baixo dirección de Pilar Magadán, nos Estudios RCA de Madrid, coa interpretación e análise dunha escolma de tonadas e tocatas salmantinas. A edición, patrocinada pola Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Salamanca, reeditouse en CD en 1999 co financiamento de Caja Duero.[7]

En 1991 o pleno do Concello de Ciudad Rodrigo nomeouna membro de número do Centro de Estudios Mirobrigenses. Ingresou o 29 de xuño de 1994 coa lectura do discurso El Santuario de la Peña de Francia y la Diócesis de Ciudad Rodrigo a través de la Canción Popular, nun acto celebrado no claustro da catedral de Ciudad Rodrigo.[8] O discurso reeditouse no ano 2000 acompañado dun disco coas interpretacións de Voces Blancas Salmantinas. Á súa vez o discurso incluíuse no volume La Peña de Francia también es música xunto cos traballos Fiesta en la Peña de Francia e Serranas fuentes inéditas sobre el Santuario de la Peña de Francia.

En febreiro de 1999 o Concello de Ciudad Rodrigo e o CEM encargáronlle un informe sobre o arquivo musical de Dámaso Ledesma, custodiado pola súa familia. O posterior informe fixo que a Biblioteca Nacional de España adquirise o arquivo.

Foron múltiples as actividades de Pilar Magadán, individualmente e co seu grupo: cursiños, recitais e activa colaboración en festas populares de localidades salmantinas; colexio maior San Pablo, de Madrid; Universidade Menéndez Pelayo e Museo de Prehistoria de Santander; Otoño Musical de Aranda de Duero; Jornadas Internacionales de Estudio de El Rebollar (Departamento de Español da Universidade de Orleáns); Cursos de Estranxeiros na Universidade Pontificia de Salamanca. Na Universidade Civil, a Capela do Estudo Salmantino contou coa intervención coral de Voces Blancas Salmantinas, durante os oficios de Semana Santa e na Festa do Corpus Christi, dende 1971 até 1986.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Encina Charra da vila de Ciudad Rodrigo polo seu labor na música tradicional salmantina (1986).

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cancionero Gallego (Galaxia, 1974)
  • Notas sobre la canción popular salmantina (Salamanca: El Adelanto-Varona, 1982). Compilación de artigos publicados no xornal El Adelanto e en diversas revistas xunto co discurso de ingreso no CES.
  • Fiesta en la Peña de Francia (Salamanca: Editorial San Esteban y Tecnosaga, 1989)
  • El Santuario de la Peña de Francia y la Diócesis de Ciudad Rodrigo a través de la Canción Popular (Ciudad Rodrigo: CEM - Ayuntamiento de Ciudad Rodrigo, 1994)

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Voces Blancas Salmantinas (RCA, 1977)
  • Voces Blancas Salmantinas II (RCA, 1978)
  • Por tierras salmantinas (RCA, 1979)
  • Salamanca, Música popular (RCA, 1979)
  • Villancicos de Salamanca (RCA, 1980)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. L. Puerto: “Pilar Magadán”. El Adelanto, 6 de xuño de 2006.
  2. "La Provincia". El Progreso (en castelán). 17 de xuño de 1942. p. 2. 
  3. “Un doble triunfo de D. Aníbal Sánchez Fraile”. El Adelanto, 9 de decembro de 1969.
  4. J. I. Yuste: “Pilar Magadán y la enseñanza musical”. El Adelanto, 9 de decembro de 1969.
  5. “Recital de canción popular salmantina”, El Adelanto, 10 de febreiro de 1970.
  6. “Dimite la directora en la escuela de tamborileros”. Palenque, 9 de outubro de 1978.
  7. A. Sánchez: “Las Voces Blancas Salmantinas reeditan sus cinco grabaciones”, El Adelanto, 23 de decembro de 1999.
  8. J. Tomás Muñoz: “Ingreso en el CEM”, El Adelanto, 1 de xullo de 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]