Dámaso Ledesma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dámaso Ledesma
® CIUDAD RODRIGO CIUDAD VIEJA CALLEJEANDO - panoramio (9) (cropped).jpg
Nacemento3 de febreiro de 1866
 Ciudad Rodrigo
Falecemento13 de xuño de 1928
 Salamanca
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónfolclorista, compositor e presbítero
editar datos en Wikidata ]

Dámaso Ledesma Hernández, nado en Ciudad Rodrigo o 3 de febreiro de 1866 e finado en Salamanca o 13 de xuño de 1928, foi un relixioso, investigador e musicólogo español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no seminario de Ciudad Rodrigo, e foi ordenado sacerdote en 1889. Formouse como músico profesional e foi organista na catedral de Salamanca a partir de 1896.

Colaborou na confección do Cancionero Salmantino, publicado en 1907, e foi un dos investigadores máis amplamente recoñecidos da música popular tradicional salmantina, coñecido como "folklore charro". Compuxo o "Himno a Ciudad Rodrigo" para coros e orquestra, estreado no Teatro Nuevo. Compuxo tamén o pasodobre “Bienvenida” para el ganadero Antonio Pérez Sanchón Tabernero[1].

En 1906 foi nomeado académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando[2]. En 1977 creouse a Coral Mirobrigense Dámaso Ledesma[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. López Garañeda, J.: "Dámaso Ledesma, el cura del pasodoble", na páxina web da Federación Taurina de Valladolid (en castelán).
  2. Dámaso Ledesma, na páxina web Ciudad Rodrigo (en castelán).
  3. Coral Mirobrigense Dámaso Ledesma, na páxina web Ciudad Rodrigo (en castelán).