Pikilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pikilia de marisco.

A pikilia (do grego ποικιλία poikilía, "surtido" ou "variedade") é un prato que se serve nos restaurantes gregos e que contén, segundo o lugar e o nome completo do prato, unha variedade de produtos típicos que se toman como entrante ou degustación.

É habitual que a pikilia inclúa pezas de carne (porco, polo, tenreira, embutido...), patacas ou ensalada, e algún peixe ou marisco, como polbo, lura, gambas, etc. que se sirvan no restaurante. Tamén adoita incluír pequenas cantidades dos pratos do restaurante, incluso unha pequena cantidade de cada entrante, así como diversas salsas ou purés (tzatziki, taramosalata, etc.) e mesmo anacos de spanakotiropita ou similares.

A pikilia é un prato común nos restaurantes gregos, que adoita servirse como un único prato para compartir entre todos os comensais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]