Saltar ao contido

Pico Moncalvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPico Moncalvo
Imaxe
Tipocumio Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMacizo Galaico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°11′53″N 6°48′32″O / 42.19819, -6.8089
CordilleiraSerra Segundeira Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.043,696 m Editar o valor en Wikidata

O pico Moncalvo[1] é un dos cumios da Serra Segundeira, nos montes de León do macizo Galaico[1]. Ten 2.044 m de altitude. Encóntrase no concello español de Porto, pertencente á provincia de Zamora e á comunidade autónoma de Castela e León. No seu cume hai un vértice xeodésico da Rede Xeodésica Nacional española.[1]

Situación

[editar | editar a fonte]

Encóntrase situado na parte máis elevada da Serra Segundeira, rodeada de terreos de pasto, a uns 6 km ao sur de Pena Trevinca e nas proximidades da lagoa de Lacillo e das lagoas de Herbosas.[1]

Vista do pico Moncalvo dende o seu cumio.

Dende Porto pola estrada cara á N-525 e que empalma no km 418,9. Unha vez percorridos 1,2 km éntrase, só en vehículo todo terreo, á esquerda, pola pista de terra que ten indicador aos encoros de Valdesirga e Moncabril. Aos 3 km a pista bifúrcase, polo que se continúa pola esquerda. Percorridos 8,1 km déixase un camiño á dereita, aos 10,1 km pásase xunto ao encoro Segundeira e aos 12,2 km pola lagoa Pequena. Séguese, chegando aos 14,7 km ao encoro da Lagoa Cárdena, onde hai un refuxio de Comporteiros, do encoro de Unión Eléctrica Madrileña e aos 16,8 km pola de Barrancones, que se pasa pola súa parte inferior. Aos 16,9 km a estrada bifúrcase, séguese á esquerda e aos 21 km chégase á mallada de pastores de San Justo; continúase, en tempo seco, co vehículo monte a través ata o cumio[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]